Marta Casal e Lara Blanes, técnicas de Acsur Galiza e Arquitectos Sen Fronteiras respectivamente, serán as encargadas da presentación da actividade
Acsur Galiza levará a cabo, o próximo mércores 23 de Novembro,un videoforum no Concello de Poio sobre a situación das mulleres en Guatemala coa proxección de "El Tanque", un documental gañador do Premio Ícaro ao Mellor Corto Documental Centroamericano 2009 que foi realizado por mulleres guatemaltecas no marco do proxecto de video participativo "Noticiero Intercultural" desenvolvido por Acsur.
Este videoforum realizarase conxuntamente coa presentación da exposición de fotografía documental "Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender" que se inclúe dentro do proxecto "Coñecendo os pobos, achegando culturas" financiado pola Xunta de Galicia e no que se integra Acsur Galiza en consorcio con Farmamundi Galicia, Arquitectos sen Fronteiras e Solidariedade Internacional.
"Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender" compónse de 50 imaxes realizadas por mulleres indíxenas guatemaltecas, que amosan a súa realidade, o seu día a día, dende unha perspectiva de xénero. As 14 mulleres que participaron no proxecto recibiron formación en materia de fotografía documental, para posteriormente contar coas ferramentas necesarias e poder amosar a historia das súas comunidades e das súas vidas a través das imaxes. A exposición estará dispoñible ata o 31 de Decembro, rotando por 16 concellos de toda Galicia e achegando a cultura, historia e reivindicacións do pobo maia.
Mércores 23 de Novembro, ás 18.30 horas no Salón do Centro de Servizos Sociais (Casa Rosada) do Concello de Poio.
Este sitio está bajo una
licencia
de Creative Commons
|
Desarrollado por Dabne con
|