ACSUR

Galiza: Obradoiro Video Participativo

ACSUR-Galiza está a organizar un Obradoiro de Video Participativo dirixido a mozos e mozas do Concello da Coruña de entre 14 a 18 anos. Aprende a usar as ferramentas audiovisuais que tes a túa disposición para elaborar un vídeo documental sobre a participación social da mocidade na Coruña. Colle a cámara e conta ti a historia!

Os contidos serán os seguintes:

- Obradoiro de participación Social (10h.)
- Obradoiro sobre o uso da tecnoloxía audiovisual (3h)
- Elaboración do guión e Plan de rodaxe (4h.)
- Sesións de rodaxe (16h.)

Este obradoiro enmarcase dentro do proxecto subvencionado pola Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e trata de impulsar a educación para a participación e a democracia nos mozos/as do Concello da Coruña e inicialos na participación social e no voluntariado.

O primeiro Obradoiro será os vindeiros 11 e 12 de Decembro co seguinte horario:

O venres 11 de Decembro: de 17.00 h as 20:00 h

O Sabado 12 de Decembro: de 10:00 h a 14:00 e de 16:00 as 19:00 h

O Prazo de inscrición remata o vindeiro 7 de Decembro. Anímate!


Documentos adjuntos


Enviar por email Enviar por correo   Versión para imprimir Imprimir   Convertir a formato PDF Convertir en pdf

 

ACSUR-LAS SEGOVIAS. C/ Cedaceros, 9. 3º Izq. 28014 Madrid. Tel. +34 914291661. Fax. +34 914291593. acsur@acsur.org

Espacio privado | Creative Commons License Este sitio está bajo una licencia de Creative Commons | Desarrollado por Dabne con spip | Seguir la vida del sitio RSS 2.0
Aumentar tamaño del texto Disminuir tamaño del texto