ACSUR

Galiza: Inaguración Mirada en construcción

A fotografía documental baséase no seu compromiso coa realidade. As autoras “tomaron” as cámaras de uso masivo como ferramenta de expresión para falaren a través delas e daren a coñecer unha mirada xenuina sobre os seus espazos cotiáns. Universalmente, o ser inmigrante implica un constante ir e vir, un eu que se fabrica dentro dun marco de novas experiencias, prexuízos alleos e propios e ás veces coa sensación de non pertencer a ningún lugar.

Os traballos aquí presentados reconstrúense día a día como unha mostra da autenticidade ante os mitos e os tópicos mediáticos. A luz e a realidade ao servizo da reflexión, un bo comezo para a comprensión desde a intelixencia.

"O papel das mulleres nas migracións foi invisibilizado ao longo da Historia. Nos últimos anos cobrou visibilidade, pero cómo vemos ás mulleres inmigrantes?. A súa imaxe transmitiuse asociada á submisión, á ignorancia, a trátaa de persoas e á prostitución, á violencia de xénero. Un prisma victimista ou estigmatizador limita e deforma a nosa mirada sobre estas mulleres. É unha realidade que están nunha situación de maior vulnerabilidade a todo tipo de formas de violencia de xénero e explotación pola súa condición de mulleres e de inmigrantes nunha sociedade patriarcal e xenófoba. Pero isto só debe interpelarnos e mobilizarnos para eliminar os factores que favorecen os seus malos tratos e explotación. É igualmente importante ampliar a nosa mirada sobre elas recoñecéndoas na súa diversidade e potencialidade como suxeitos protagonistas das súas vidas."

Queremos contar con todas vos o:

Xoves 19 de novembro ás 19:00 horas. Casa Museo Casares Quiroga. Rúa Panadeiras, 12.

Palestra debate:

Violencia de xénero e mulleres migrantes: doblemente victimizadas e desprotexidas. Marta Casal. Dinamizadora Proxecto Intercultural ADA da Concellaría de Igualdade e Participación. Acsur Galiza

Violencia simbólica hacia as mulleres inmigrantes: discursos e representacións mediáticas. Marta Tudela. Responsable área xénero. Acsur Cataluña

Presentación Mirada en construción Traballos de fotografía documental realizados por mulleres inmigrantes no marco do proxecto Mirando ás mulleres do Sur. ACSUR Cataluña.



Enviar por email Enviar por correo   Versión para imprimir Imprimir   Convertir a formato PDF Convertir en pdf

 

ACSUR-LAS SEGOVIAS. C/ Cedaceros, 9. 3º Izq. 28014 Madrid. Tel. +34 914291661. Fax. +34 914291593. acsur@acsur.org

Espacio privado | Creative Commons License Este sitio está bajo una licencia de Creative Commons | Desarrollado por Dabne con spip | Seguir la vida del sitio RSS 2.0
Aumentar tamaño del texto Disminuir tamaño del texto