Despóis da cancelación da estrea pola alerta laranxa, por fin temos unha nova data, o próximo xoves día 10 de decembro, no colexio Curros Enriquez, situado no campo de marte, estrearemos a curta-documental protagonizada por veciñas do barrio de Monte Alto.
Na festa teremos a oportunidade de degustar viño de Monforte, queixo con marmelo, música e proxeccións.
Se queres pasar un xoves festivo, lúdico e reivindicativo pásate polo Curros Enriquez!
Ademais poderemos ver outras 2 curtas feitas por mulleres de Guatemala que forman parte do Noticiero Intercultural, proxecto de comunicación alternativa de ACSUR desenvolvido por organizacións sociais en Guatemala e Estado Español.
Diferentes voces abordan a influencia dos cambios do espazo urbán e dos procesos especulativos na vida das mulleres do barrio de Monte Alto. Un barrio onde podemos aprender das vellas redes comunitarias texidas polas mulleres para transformar o noso presente.
Este sitio está bajo una
licencia
de Creative Commons
|
Desarrollado por Dabne con
|