No marco da xira de Erasto reyes, do Frente de Resitencia contra o Golpe ao territorio galego no que participou ACSUR-Galiza, conseguiuse unha declaración institucional do Parlamento onde se condea o Golpe militar.
Despois de 120 días, a resistencia do pobo hondureño contra o golpe militar provocou xa, de conformidade co Comité de Familiares de Detidos e Desaparecidos, 16 mortos, innumerables feridos e centos de detidos amoreados nos cárceres e no estadio Chochi Sosa. No entanto, prosegue o toque de queda e a suspensión das garantías constitucionais. Neste momento, co presidente Zelaya refuxiado na embaixada brasileira en Tegucigalpa e fracasados todos os intentos de mediación internacional pola negativa dos golpistas a abandonar o poder, o Parlamento de Galicia únese á condena do golpe militar en Honduras e manifesta que a única saída é o retorno á legalidade constitucional e comezar pola restitución de Manuel Zelaya na Presidencia da República de Honduras. Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2009
Este sitio está bajo una
licencia
de Creative Commons
|
Desarrollado por Dabne con
|