ACSUR

Galiza: ACSUR participa un ano máis na convocatoria do orgullo crítico impulsada por Maribolleras Precarias

Un ano máis Acsur Galiza participa da convocatoria impulsada por Maribolleras Precarias para celebrar a liberación Trans-marica-bollo baixo o lema "Mellor descontroladas que institucionalizadas", que como en anteriores convocatorias parte de un enfoque crítico coa institucionalización das celebracións do 28 de xuño e do movemento LGTB. Ao longo do mes de xuño desenvolvéronse palestras, festas, manifestacións artísticas, presentacións de libros, todo elo arredor do movemento de liberación de gay, lésbico, trans e intersex.

Esta axenda de actividades remata o sábado 26 de xuño coa Mani-festa-acción que terá lugar na Coruña a partir das 20 horas no Campo de Marte convocada por máis de 30 organización e colectivos sociais e culturais.

Actos na Corunha polo 28 de juño de 2010, Dia Da Liberta çom Trans-Marica-Bolho

Os novos tecnócratas tratam de vaziar o LGBT de qualquer contido de análise ou acçom políticas. A filosofia imperante, fruto do pensamento único, racha com toda a tradiçom teórica e política do movimento, que se esforçou desde a revolta de Stonewall em pensar unha crítica fundamentada da opressom sexual e em elaborar alternativas a umha heterossexualidade binarista, hegemónica e imutável. Estamos ante un processo de institucionalizaçom radical do movimento LGTB. Devemos afortalar mais que nunca as nossas redes e denunciarmos toda utilizaçom con interesses partidistas do movimento LGBT.

As ruas, a imaginaçom e o poder de pensar as cousas segue a ser dos movimentos sociais. Este 26 de xuño, igual que o resto do ano, vamos amosar que outra cultura política, que outra prática da libertaçom sexual é possível; e que preferimos estar melhor descontroladas que institucionalizadas.

Todas as cores, todos os afectos, todas à rua!

25 xuño 2010


25 de junio de 2010


Enviar por email Enviar por correo   Versión para imprimir Imprimir   Convertir a formato PDF Convertir en pdf

 

ACSUR-LAS SEGOVIAS. C/ Cedaceros, 9. 3º Izq. 28014 Madrid. Tel. +34 914291661. Fax. +34 914291593. acsur@acsur.org

Espacio privado | Creative Commons License Este sitio está bajo una licencia de Creative Commons | Desarrollado por Dabne con spip | Seguir la vida del sitio RSS 2.0
Aumentar tamaño del texto Disminuir tamaño del texto