ACSUR Galiza participa nunha acción conxunta con colectivos feministas na Coruña para conmemorar o centenario do 8 de marzo.
Un día de achegamento á cidadanía dos avances e desafíos ao redor da igualdade de xénero a través de proxeccións, paneis informativos, exposicións, performances e actividades participativas que se desenvolverán ao longo de todo o día nas rúas da cidade.
Abordaremos, entre outros temas, a discriminación das mulleres empregadas de fogar, das mulleres inmigrantes, e a situación das mulleres no conflitos armados. Exhibiranse materiais elaborados no marco de proxectos desenvolvidos.
Este sitio está bajo una
licencia
de Creative Commons
|
Desarrollado por Dabne con
|