ACSUR

Acsur Galiza: xénero e feminismos para o fortalecemento institucional

JPG - 61.3 KB

Na realización deste obradorio sobre xénero e feminismos as participantes tiveron a oportunidade de afondar en conceptos claves así como identificar as claves para fortalecer as alianza e solidariedade entre mulleres

Acsur Galiza ven de realizar un obradoiro sobre feminismos e xénero os días 28 e 29 de outubro. Ao longo destas dúas xornadas, as 15 mulleres participantes- socias, voluntarias e colaboradoras da organización- tiveron a oportunidade de profundizar en conceptos clave para entender que é o xénero e o feminismo; cales foron os avances e reivindicacións das mulleres ao longo da historia así como identificar as claves para a alianza e solidariedade entre mulleres. Paz Caínzos, experta en xénero e educación popular, que traballou durante moitos anos con grupos de mulleres en distintos países foi a encargada de dinamizar a actividade o primeiro día.

A segunda parte do taller centrouse en levar á práctica-a través de dinámicas vivenciais, de expresión corporal e técnicas teatrais-todas estas ideas e conceptos. Mink Lap, pedagoga teatral e docente dos obradoiros de teatro das oprimidas que está a desenvolver Acsur Galiza, traballou tamén coas debilidades e fortalezas das mulleres, a través da realización de pequenas pezas teatrais.

A actividade enmárcase no proxecto "Ampliando Espazos: Acsur Galiza" financiado pola Xunta de Galicia na convocatoria para proxectos de Consolidación e Fortalecemento Institucional 2010.


15 de noviembre de 2011


Enviar por email Enviar por correo   Versión para imprimir Imprimir   Convertir a formato PDF Convertir en pdf

 

ACSUR-LAS SEGOVIAS. C/ Doctor Laguna, nº 10 Local C. 28009 Madrid. Tel. +34 914291661. Fax. +34 914291593. acsur@acsur.org

Espacio privado | Creative Commons License Este sitio está bajo una licencia de Creative Commons | Desarrollado por Dabne con spip | Seguir la vida del sitio RSS 2.0
Aumentar tamaño del texto Disminuir tamaño del texto