ACSUR

Acsur Galiza: Mulleres creando contra a violencia de xénero

Poesía, música e videoforum no que se proxectarán varias curtametraxes documentais realizadas por mulleres con metodoloxías participativas

Acsur Galiza organiza para este venres, 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero un videoforum no que se proxectarán varias curtametraxes documentais realizadas por mulleres con metodoloxías participativas. Nesta actividade preténdese abrir un espazo de debate e reflexión conxunto sobre a realidade das mulleres. As tres curtas proxectadas, veñen de gañar numerosos premios en distintos certames.

"El Tanque", premio á mellor curta documental centroamericana no Festival Ícaro 2009, é un lugar público onde mulleres e nenas pasan o día lavando roupa. Ao longo da dura e longa xornada, moitas delas conversan e intiman coa muller que lava ao seu lado.

"Sempre foron cinco", outra das curtas que se proxectarán, constitúe unha fantástica homenaxe ás avoas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida. Esta curta enmarcase dentro do proxecto "Unha economía para o desenvolvemento" que Acsur Galiza ven difundindo por centros educativos, asociacións e outros espazos.

"Mujeres Camino" aborda o movemento imparable das mulleres migrantes que se encontran con fronteiras, que son impostas, polo pasaporte, cor de pel, situación económica, por ser mulleres. Nesta peza documental, a protagonista fainos partícipes da resistencia das mulleres, non querer calar e antes que nada, da vitalidade e reivindicación dun dereito universal: o dereito a movernos. Esta curtametraxe presentada á Primeira Edición do Concurso Internacional DONA’M CINE de curtametraxes solidarias realizadas por mulleres sobre mulleres. Obtivo o premio do pùblico na edición do 2010.

Esta actividade contará ademáis coa presenza de Luz Fandiño, escritora e activista galega, que recitará varios poemas e o grupo Habelas Hainas, que poñerán a música.

Venres, 25 de Novembro, de 20.30 a 23.00 horas no Restaurante Rúa, na rúa San Pedro nº 24, Santiago de CompostelaAcsur Galiza organiza para este venres, 25 de Novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero un videoforum no que se proxectarán varias curtametraxes documentais realizadas por mulleres con metodoloxías participativas. Nesta actividade preténdese abrir un espazo de debate e reflexión conxunto sobre a realidade das mulleres. As tres curtas proxectadas, veñen de gañar numerosos premios en distintos certames.

"El Tanque", premio á mellor curta documental centroamericana no Festival Ícaro 2009, é un lugar público onde mulleres e nenas pasan o día lavando roupa. Ao longo da dura e longa xornada, moitas delas conversan e intiman coa muller que lava ao seu lado.

"Sempre foron cinco", outra das curtas que se proxectarán, constitúe unha fantástica homenaxe ás avoas e a todas esas mulleres que sen moitos recursos sacaron adiante as xeracións anteriores resaltando a austeridade como valor. A curta ofrece un paralelismo entre ese modelo económico de superación e aforro e novas alternativas financeiras non lucrativas que poñen o centro de atención en proxectos con rendibilidade social ou cultural para que as persoas que teñan unha idea de autoemprego viable poidan ser protagonistas da súa vida. Esta curta enmarcase dentro do proxecto "Unha economía para o desenvolvemento" que Acsur Galiza ven difundindo por centros educativos, asociacións e outros espazos.

"Mujeres Camino" aborda o movemento imparable das mulleres migrantes que se encontran con fronteiras, que son impostas, polo pasaporte, cor de pel, situación económica, por ser mulleres. Nesta peza documental, a protagonista fainos partícipes da resistencia das mulleres, non querer calar e antes que nada, da vitalidade e reivindicación dun dereito universal: o dereito a movernos. Esta curtametraxe presentada á Primeira Edición do Concurso Internacional DONA’M CINE de curtametraxes solidarias realizadas por mulleres sobre mulleres. Obtivo o premio do pùblico na edición do 2010.

Esta actividade contará ademáis coa presenza de Luz Fandiño, escritora e activista galega, que recitará varios poemas e o grupo Habelas Hainas, que poñerán a música.

Venres, 25 de Novembro, de 20.30 a 23.00 horas no Restaurante Rúa, na rúa San Pedro nº 24, Santiago de Compostela


24 de noviembre de 2011


Enviar por email Enviar por correo   Versión para imprimir Imprimir   Convertir a formato PDF Convertir en pdf

 

ACSUR-LAS SEGOVIAS. C/ Doctor Laguna, nº 10 Local C. 28009 Madrid. Tel. +34 914291661. Fax. +34 914291593. acsur@acsur.org

Espacio privado | Creative Commons License Este sitio está bajo una licencia de Creative Commons | Desarrollado por Dabne con spip | Seguir la vida del sitio RSS 2.0
Aumentar tamaño del texto Disminuir tamaño del texto