Presidenta: Giada María Barcellona
Av/ Finisterre, nº 268 2º D Local A
15010 A Coruña
Tel. 981 91 26 67
galiza@acsur.org
Despóis da cancelación da estrea pola alerta laranxa, por fin temos unha nova data, o próximo xoves día 10 de decembro, no colexio Curros Enriquez, situado no campo de marte, estrearemos a curta-documental protagonizada por veciñas do barrio de Monte Alto.
ACSUR-Galiza está a organizar un Obradoiro de Video Participativo dirixido a mozos e mozas do Concello da Coruña de entre 14 a 18 anos. Aprende a usar as ferramentas audiovisuais que tes a túa disposición para elaborar un vídeo documental sobre a participación social da mocidade na Coruña. Colle a cámara e conta ti a historia!
No marco da xira de Erasto reyes, do Frente de Resitencia contra o Golpe ao territorio galego no que participou ACSUR-Galiza, conseguiuse unha declaración institucional do Parlamento onde se condea o Golpe militar.
A fotografía documental baséase no seu compromiso coa realidade. As autoras “tomaron” as cámaras de uso masivo como ferramenta de expresión para falaren a través delas e daren a coñecer unha mirada xenuina sobre os seus espazos cotiáns. Universalmente, o ser inmigrante implica un constante ir e vir, un eu que se fabrica dentro dun marco de novas experiencias, prexuízos alleos e propios e ás veces coa sensación de non pertencer a ningún lugar.
Os traballos aquí presentados reconstrúense día a día como unha mostra da autenticidade ante os mitos e os tópicos mediáticos. A luz e a realidade ao servizo da reflexión, un bo comezo para a comprensión desde a intelixencia.
No marco do Noticiero Intercultural, proxecto de comunicación alternativa de ACSUR LAS SEGOVIAS desenvolvido por organizacións sociais en Guatemala e España farase a presentación de "unha historia de redeiras e grúas"
Este sitio está bajo una
licencia
de Creative Commons
|
Desarrollado por Dabne con
|